sexta-feira, 1 de abril de 2011

Poesia (-032): "Debaixo de Dziga Vertov hai unha buxaina" - Valentina Carro Padin


Poetisa com uma retroescavadora amarela


Acabáronse as toalhas portuguesas
só na bauhaus facían tapices xeitosos

the end para un inicio tem que ser forzosamente reixa e rompente:
levarei unha bolsa eroski cargadiña de guindilhas, que din que é loucura.
Stanislavsky será o meu refén
el pintará porcelanas no chanzo das escaleiras
e non vale decir Pound Camus Mao Tse Tsung
senón metelos a todos na boca e practica-la dixestión das vacas.

Que a túa veciña traia gafas de soldador.


Amo a miña ponte de varolio, elixina a ela para amar porque ó prenuncia-lo seu nome éncheseme a boca de gymnopédies. Porque me gusta dicirlle que me insemine universos de líquidos reticulares paramedianos.

Xa sei que é loucura. Hipotalamia, quizais.

Pero Kandinski dixo unha vez que os alcatraces vomitan puntos azuis de silencio debaixo da quilla dos barcos do berbés e que logo medran alí as espanadas que as asociacións de mulleres rurais usan para alfombrar o adro da igrexa.


PARIU a cadela e enterráche-las crías en bolsas de plástico vileda.

Poderia ser performance e tamén fluxus.

Non obstante, era dos macondo tan neobrutalmente precámbrico e pre-tér(r)ito,
que levarei unha diadema de córneas dilatadas para o resto dos meus dias.
















Debaixo de Dziga Vertov hai unha buxaina - Espiral Maior 2008


Valentina Carro Padin

Sem comentários:

Enviar um comentário